De feira en Monterroso.

 O 1 de novembro a Galiña de Mos participou na Feira de Santos que se organiza no en Monterroso nesa data, desde tempos históricos. Alí estiveron os criadores da granxa MosUlloa con exposición e venda de exemplares e ovos.






A Galiña de Mos estivo de Feira na Veiga.

Os días 9 e 10 de outubro celebrouse unha Feira na Veiga, na provincia de Ourense, que tivo unha importante mostra gandeira. Alí estiveron expoñendo lotes das súas galiñas , o criador e criadoras Vicente Lameiro, do concello da Veiga, María Elisa Camino, do concello do Bolo e Ana Belén Losada de Granxa Artesanal "Os Chambras", do concello de Manzaneda.



Estivemos en Expolugo

O primeiro fin de semana de outubro, estivemos en Expolugo, onde se celebrou unha pequena mostra de razas autóctonas e presentacións de produto. Unha feira que debido ás restriccións, non puide ser do tamaño doutros anos. Esperamos a súa recuperación no futuro. Alí houbo unha mostra gandeira e demostracións de produto.






Colaboramos no concurso de tortillas de Semana Verde.

Na Feira Semana Verde de Galicia, colaboramos coa DOP Aceites de Baena, no Concurso Popular de tortillas. 11 participantes fixeron as súas tortillas de pataca con ovos de Galiña de Mos. María López Núñez de Aeiroá Galiña de Mos e Silvia Donsión de Avicultura artesanal Pitagudín, demostraron a súa experiencia, coa elaboración dunhas excelentes tortillas de pataca con ovos da nosa raza. Participou no xurado o presidente de Avimós Francisco J. Monasterio Solveira.







En Salimat estiveron varios criadores da nosa raza.

 No Salón da Alimentación do Atlántico SALIMAT, que se celebra con motivo da feira Semana Verde, participaron varios dos nosos criadores. Tamén houbo degustacións dos produtos da Galiñade Mos.











Rematou unha nova edición da Semana Verde.

 Nun ano complicado, rematamos unha Feira Internacional de Galicia moi existosa, vese que todo o mundo quere recuperar a normalidade.

Tivemos exposición da nosa raza, venda de aves vivas cos criadores Gonzalo Rodríguez Lamblín, Sandra López (de granxa Aeiroá) e Mari Luz Gómez (de granxa O Castiñeiro).







Do 3 ao 5 de setembro celébrase a Feira Internacional de Galicia Semana Verde.

 Este ano celébrase a Semana Verde nunha data diferente. Acolléndose a todos os protocolos sanitarios, a feira será do 3 ao 5 de setembro. Alí estaremos.





A Galiña de Mos en Láncara.

O 29 de agosto estivemos na Pobra de San Xiao, en Láncara, nas xornadas da Deputación de Lugo Saborea a túa provincia, onde o cociñeiro Santi Almuíña do restaurante Mesón Colón de Lugo, preparou para a degustación gratuíta "Galo de Mos en tres coccións con espuma de queixo de San Simón". O Director Técnico de Avimós, Diego Rois, ofreceu unha charla divulgativa sobre a nosa raza. Unha xornada máis para dar a coñecer a calidade dos nosos produtos.




A nosa raza no Corgo.

 O 29 de agosto a Galiña de Mos estivo na Feira do Ano do Corgo, da man de Sandra López, que asistíu ofrecendo información e presentando exemplares de Galiña de Mos.



A Galiña de Mos en Guitiriz.

O 21 de agosto estivemosen Guitiriz, participando nas xornadas Saborea a túa provincia, da man da Deputación de Lugo e promocionando a raza e os seus productos. Participaron o presidente Francisco J. Monasterio Solveira e o director técnico Diego Rois.


A Galiña de Mos en Láncara.

 O día 8 de agosto celebrouse en Láncara a Festa da Malla. Alí estivo a criadora Sandra López, de granxa Aeiroá.



Un ano máis o Galo na Vuelta Ciclista a España.

Un ano máis os produtos da nosa raza estarán presentes nas etapas da "Vuelta ciclista a España 2021".Asistimos á pesentación do acto organizado pola Asociación de empresarios de hostalería da provincia de Lugo (Apehl) e a marca E para comer Lugo, onde no posto da asociación, haberá desgustacións de varios dos produtos de calidade galegos, nas saídas das etapas por toda España. Alí estará o noso galo da raza Galiña de Mos.