A Galiña de Mos en Láncara.
A nosa raza no Corgo.
O 29 de agosto a Galiña de Mos estivo na Feira do Ano do Corgo, da man de Sandra López, que asistíu ofrecendo información e presentando exemplares de Galiña de Mos.
A Galiña de Mos en Guitiriz.
A Galiña de Mos en Láncara.
O día 8 de agosto celebrouse en Láncara a Festa da Malla. Alí estivo a criadora Sandra López, de granxa Aeiroá.
Un ano máis o Galo na Vuelta Ciclista a España.
No colexio Dolores Ramos de Santiago de Compostela naceron poliños.
Alumnos deseñaron unha incubadora.
Boa acollida das Xornadas Gastronómicas no Forno de Tovar.
Debido ao éxito que tiveron as Xornadas Gastronómicas que realizou o restaurante Forno de Tovar, en Lourenzá (Lugo), ampliáronse durante dez días máis, ata mediados de xuño. As aves procedían da granxa Chousa do Lea.
Congreso gastronómico cultural
No PAI Valdoviño naceron poliños de Galiña de Mos.
No Punto de Atención Infantil do Concello de Valdoviño, naceron poliños da nosa raza. O día de nacemento os cativos estaban impacientes e desfrutaron moito coa experiencia. Posteriormente eles mesmos serán os encargadas de coidar dos poliños e vixiar o seu crecemento.
A experiencia tivo repercusión na prensa, coma o artigo recollido en La Voz de Galicia
Novas Xornadas Gastronómicas
Reportaxe sobre a nosa raza.
Pódese ver
aquí
Un curso de formación visitou unha granxa de Galiña de Mos.
As Xornadas abertas organizadas polo Sindicato Labrego Galego na Terra Chá, contou coa visita a unha granxa de Galiña de Mos, a de Francisco Monasterio, en Vilalba. Alí durante 90 minutos establecimos cos visitantes, unha conversa sobre a nosa raza e métodos de manexo na avicultura artesanal. Tivo repercusión a experiencia no xornal El Progreso
Arrancan de novo as incubacións nos colexios.
A Feira Semana Verde de Galicia trasládase a setembro.
Asistimos a un encontro coa Deputación de Lugo.
Vídeo da Deputación de Lugo sobre as nosas razas autóctonas.
Galo de Mos con mel.
O Programa da Televisión de Galicia "Quen anda aí?" do 11 de marzo, contou coa presenza do cociñeiro André Arzúa, que cociñou unhas peitugas de Galo da nosa raza con Mel de Galicia. O galo foi proporcionado por granxa Pitagudín, de Vila de Cruces. Pódese ver a partir do minuto 33.20 no seguinte enlace: https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa-246-4865038?t=2800
20 aniversario de Avimós.
Parabéns a todos os que nalgún momento formamos parte desta gran familia.
Na seguinte enlace, pódese ver unha reportaxe do xornal El Progreso de Lugo, sobre a nosa asociación. Pulsar aquí
















































