A Galiña de Mos na Illa de Ons.

Ata a illa de Ons chegou a Galiña de Mos!!!. O noso amigo Iván Rodríguez envíanos estas imaxes que sacou onte na illa de Ons onde observou, que tamén ata alí chegaron exemplares da nosa raza.





Un video moi didáctico.

Qué bonito o vídeo feito por Iris Branco sobre a nosa raza. Ten unha canle en youtube para cativos con imaxes moi didácticas e que vos animamos a ver. Graciñas!!!! Ver aquí

Interesante entrevista.


Campogalego.com fíxolle unha interesante entrevista ao criador e presidente de Avimós Francisco Monasterio, onde se recollen moitos aspectos da cría e comercialización da Galiña de Mos e das súas experiencias persoais. Pódese ver neste enlace 

Reivindicamos que se retome a normativa de sacrificio na explotación.

O 26 de xuño oTelexornal Serán da Galega recolleu a nosa proposta de que o Goberno de España, axilice a normativa de sacrificio nas explotacións de aves para a venda local, xa que España segue a ser o único país de Europa que non o permite, sendo moi perxudicados polo tanto, os nosos criadores, a hostalería e os consumidores. A gravación fíxose na tarde dese mesmo día participando o criador Jose Zapata Sanchez e o Director Técnico de Avimós Diego Rois. Ver aquí

A Galiña de Mos en "Come a comarca"

No programa da TVG "Come a comarca", do 17 de xuño, saíu o galo da nosa raza. Aproveitando que os concursantes chegaban á comarca da Terra Chá, os cociñeiros do restaurante "Casa Gaibor" de Guitiriz, asistiron a preparar un suculento Galo. Tamén participou o criador Francisco Monasterio. Aquí podedes ver o progama.
Mos.

Que postre máis riiiiico.


Hoxe vos deixamos unha receta elaborada polo equipo de cociña do restaurante Andarubel de Pontedeume. "Tocino cielo con huevos de raza Galiña de Mos". Pódese descargar aquí 

Vídeo 3. Nacemento dos poliños.

O día de nacemento vemos o resultado da incubación. Pese a que houbo que facer estas incubacións a distancia, serviron para que as familias poderan apreciar o proceso. Esperemos que no próximo ano podamos continuar con estas experiencias nas aulas.


Vídeo 2. Observación da fertilidade.

Neste segundo vídeo, observamos o interior do ovo cun ovoscopio, para recoñecer en cales dos ovos existe un poliño no seu interior e, en cales non.

Videos sobre incubaccións de polos en colexios.

Debido ao confinamento, tivemos que suspender varias incubacións que estaban programadas en varios colexios. Así que fixemos unha incubación para divulgar entre os nenos e nenas da Escola Infantil Municipal "A Rolada", do concello de San Sadurniño e do Punto de Atención Infantil de Valdoviño. Nestas dúas aulas estaban programadas sendas incubacións a mediados do mes de abril e coma non queríamos que se quedaran sin esta experiencia, no Pazo de Fontefiz puxemos unha incubadora e comezou o proceso. O Director Técnico de Avimós, Diego Rois, realizou tres vídeos que foron divulgados entre as familias.

Vídeo 1, posta en marcha da incubadora.



Suspéndese a feira SEMANA VERDE 2020 de Silleda

A Feira Internacional de Galicia ABANCA vén de decidir que a 43ª edición da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia e os seus certames paralelos -Fecap Abanca, Salimat Abanca, Turexpo Galicia e Festur - previstos do 4 ao 7 de xuño, se trasladen ao vindeiro ano. Concretamente celebraranse entre o 3 e o 6 de xuño de 2021. 
Esta decisión está motivada pola situación de alerta sanitaria xerada polo covid-19, que supón que non sexa convinte a súa celebración este ano por responsabilidade social e económica con todos os axentes que participan no certame.

Polo tanto, todas as actividades que realizábamos con motivo desta feira quedan aprazadas.

Campaña Mercaproximidade

A Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, ven de lanzar a campaña “Mercaproximidade”, que é unha canle alternativa de comercialización creada pola Xunta e concibida para os produtos agrogandeiros galegos que viron reducidas as súas vendas por mor do peche da hostalaría e os mercados municipais durante a emerxencia sanitaria.
A Xunta fará promoción para poñer en contacto aos produtores coas grandes cadeas de distribución, as empresas dedicadas á subministración de colectividades ou as plataformas de venda online. A día de hoxe (16/04/2020) adheríronse, Lidl, Vegalsa-Eroski, Gadisa, Froiz, Carrefour, El Corte Inglés e Grupo Cuevas. 
Aqueles interesados tedes que enviar un correo electrónico a mercaproximidade@xunta.gal, indicando para tal efecto os vosos datos de contacto, concretamente un enderezo electrónico; os datos básicos da explotación e o tipo de producións que ofertades, indicando a raza ou razas. 
Existe un requisito fundamental para a inscrición, os interesados deberán facer constar nunha declaración responsable que un mínimo do 50 % dos seus ingresos proveñen da hostalaría e os mercados municipais, pechados na actualidade. 
 Achegámosvos un modelo de declaración que os interesados tedes que enviar ao correo sinalado cos datos e a declaración responsable: MODELO DECLARACIÓN RESPONSABLE.
A administración non intervirá nos prezos, iso será un acordo entre produtor e industria. 
Pinchando no seguinte enlace pódese ver un VÍDEO PROMOCIONAL DE MERCAPROXIMIDADE 
A normativa completa pódese consultar no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200414/AnuncioG0426-130420-0001_gl.html

Visto en internet... Un recoñecemento aos nosos gandeiros e agricultores.

Bueno........ los aviones ✈️ se han detenido, los coches 🚗 se han detenido, el mundo 🌍 en su conjunto se ha detenido y los niveles de CO2 han bajado!
Sin embargo, los granjeros no se han detenido. 👏 Todavía se están levantando para ordeñar las vacas 🐄, los cobertizos de corderos 🐑 están en pleno apogeo, el ganado 🐄 todavía se está alimentando, los cultivos están siendo labrados, sin embargo el CO2 ha bajado.
Tal vez la agricultura 🚜 no es tan mala como los medios de comunicación han estado divulgando.... tal vez el mundo 🌍 no va a terminar debido a nuestra ganadería 🐮🐷🐥🐑🐄 tal vez, solo tal vez, la agricultura 🚜 en realidad estará ahí para salvar a todos cuando este mundo 🌍 necesite alimentarse..... no necesitamos importar lo que aquí producimos! .... come local. Come fresco...
🌳🌳🌳🚜🐮🐷
Copia y pega en apoyo a nuestros agricultores y ganaderos.
👏🏻👏🏻👨‍🌾🧑‍🌾👏🏻👏🏻

En Ordes estivo a Galiña de Mos

O fin de semana do 7 e 8 de marzo a nosa raza estivo en Mesón do Vento, no concello de Ordes, na feira do Lacón con Grelos. Alí estiveron as criadoras Mari Luz Gómez e Cruz Grille.



No Ceip Seixalbo naceron poliños.

O 6 de marzo os alumn@s do CEIP Seixalbo, en Ourense, viviron unha gran experiencia. Un lote de 12 poliños da nosa raza naceron na escola, trala posta en marcha da incubadora fai tres semanas. Asisitíu tamén un galo e unha galiña de Mos. Atopámonos a unhas profesoras moi implicadas cos nen@s. Foi un pracer!!!



No colexio do Barqueiro naceron poliños

Os nen@s do Colexio Público Francisco López Estrada do Barqueiro, concello de Mañón, recibiron uns visitantes moi especiais no colexio. Un galo e unha galiña da nosa raza os visitaron o día que nacía un lote de poliños na aula. Miguel e Rebeca de Ganadería Tras Do Río Cachena contaronlles a súa experiencia coas razas autóctonas.



Xornadas Gastronómicas da nosa raza.

Do 6 ao 22 de marzo celébranse no restaurante O Forno de Tovar, en Lourenzá, provincia de Lugo, unhas xornadas gastronómicas sobre a nosa raza. Son organizadas pola granxa Chousa do Lea e na imaxe, pódense ver os días e o teléfono para reservas.


A Galiña de Mos estivo nas Pontes.

Os días 22 e 23 de febreiro estivemos na mostra de razas que se celebrou nas Pontes con motivo da Feira do Grelo. o fin de semana estivo moi animado e a carpa estivo chea de xente. Participaron os criadores do concello das Pontes, Michiel Meijer, Cynthia Arias e Iván Dobarro.


Asistimos á entrega do premio Aresa.

O pasado 28 de febreiro asistimos á entrega do XX Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, onde resultaron gañadores os nosos amigos de Asoporcel. Recolleu o premio o seu presidente, José Barreira que tamén é criador de Galiña de Mos. Foi un pracer acompañar a unha asociación que tamén traballa pola recuperación e promoción por outra das nosas razas autóctonas.

Este fin de semana estaremos nas Pontes.

O 22 e 23 de febreiro estaremos na 40 edición da Feira do Grelo das Pontes. Alí haberá unha mostra de razas autóctonas na que participará a Galiña de Mos. Este ano como novidade, haberá unha esposición doutros tipos de aves, organizada por afeccionados da zona.

Ponencia no Cifp A Granxa.


O pasado 14 de febreiro o Director Técnico de Avimós, Diego Rois, impartíu unha ponencia sobre a nosa raza no Centro Integrado de Formación Profesional A Granxa, en Ponteareas. Alí se falou aos alumnos do módulo de Produción Agroecolóxica, sobre as estratexis que se están a levar coa Galiña de Mos e sobre a avicultura artesá de Galicia.