Outras dúas incubacións están xa en marcha, no CEIP Francisco López Estrada no Barqueiro, concello de Mañón e no CEIP Seixalbo, en Ourense.
Agora a esperar que salga ben...
Outras dúas incubacións están xa en marcha, no CEIP Francisco López Estrada no Barqueiro, concello de Mañón e no CEIP Seixalbo, en Ourense.
Un ano máis a nosa raza estivo presente no 21 Salón Internacional de Turismo Gastronómico-XANTAR, que se celebrou na cidade de Ourense entre o 5 e o 9 de febreiro. O restaurante da Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA tivo un cheo absoluto todos os días da feira.
O sábado 8 de febreiro celbrouse no Museo Interactivo da Historia de Lugo un Congreso Gastronómico que constou de varias charlas e preparacións relacionadas co mundo da hostalería e sobre os nosos produtos de calidade. Alí falouse da nosa raza.
O mércores 5 de febreiro, celebrouse en Ourense, a Asamblea Xeral Extraordinaria de elección de cargos da Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA, da que é membro Avimós.
Na Escola de Educación Infantil de Vilalba, naceu un lote de poliños da nosa raza. Achegámonos a explicarlles aos máis pequenos as características da nosa raza dun xeito ameno. Que ben o pasaron...
Fai uns días o CEIP Plurilingüe Santa Rita en Galdo, Viveiro, recibíu uns visitantes moi especiais. Un galo e unha galiña da nosa raza visitaron o centro, o día que naceu un lote de poliños incubados tras tres semanas. Un pracer atoparse con profesoras e profesores tan implicados cos seus alumnos.
En Fitur celebráronse no stand do Ministerio de Agricultura, unhas ponencias sobre promoción turística das razas autóctonas. Alí estivemos o día 23 a través da Federación de Razas Autóctonas de Galicia falando do desenvolvemento turístico das nosas razas autóctonas en espazos naturais e gastronómicos, outra promoción máis na capital de España das nosas razas galegas.
Con motivo da feira Fitur, presentouse o pasado 22 de xaneiro unha nova edición da Guía E Para Comer Lugo. Alí falouse da nosa raza no posto da Xunta de Galicia. Tamén aproveitamos para visitar a hostaleiros galegos de Madrid, que fixeron preparacións cos nosos produtos.