Na Feira do Queixo do Cebreiro, que se celebrou o 14 de abril, estivemos co criador Roberto Raposo, que ofreceu unha degustación de empanada de polo da nosa raza e venda de aves vivas.Estivemos na Feira do Queixo do Cebreiro
Na Feira do Queixo do Cebreiro, que se celebrou o 14 de abril, estivemos co criador Roberto Raposo, que ofreceu unha degustación de empanada de polo da nosa raza e venda de aves vivas.Este fin de semana sonou a Galiña de Mos en Sedes
Este fin de semana celebrouse a VIII Feira Multisectorial agrícola, na parroquia de Sedes, no concello de Narón. O criador Xosé María García Villaverde, da granxa Quinta da Vacaloura, asistíu cun posto onde se informou sobre a súa granxa, a Galiña de Mos e a Ovella Galega.
Incubación nun colexio de Lugo
Os nenos de Infantil do CEIP Menéndez Pelayo de Lugo meteron os ovos de Galiña de Mos na incubadora a semana pasada, para poder observar o proceso de incubación. Dentro duns días teremos novas...
A Galiña de Mos en Vilalba
Os días 1 e 2 de abril estivo a Galiña de Mos na Feira do queixo de San Simón, en Vilalba. O criador Francisco Monasterio coa súa marca Aves do Concello, está a ofreceu información sobre a nosa raza e as súas aves. Compartíu posto co criador de Porco Celta da marca A Fraga do Coto, tamén de Vilalba.
Axudas á incorporación e mellora das explotacións agrarias.
Veñen de publicarse as axudas para plans de incorporación de mozos á actividade agraria e apoios para mellora e desenvolvemento de explotacións agrarias. (DOG nº64, 31 de marzo de 2017).
Tedes máis información no seguinte enlace da páxina de Boaga: Axudas
Tedes máis información no seguinte enlace da páxina de Boaga: Axudas
A Galiña de Mos estivo en Boimorto.
Con motivo da celebración da feira Magreco 2017 a Galiña de Mos estivo representada polos criadores de Castelo de Alcobre (David Santos), María José Castro (de Castro de Madrosende), José Ramón Cillero e Alex Fiuza, todos eles de Vila de Cruces que realizaron unha degustación de tortilla de pataca con ovos de Galiña de Mos. Tamén asistimos co posto de Avimós. Repartiuse moita información sobre a raza.A Galiña de Mos estivo no CEIP A Fraga das Pontes.
O CEIP A Fraga das Pontes de García Rodríguez tivo uns visitantes moi especiais o pasado 24 de marzo. Un Galo e unha Galiña de Mos estiveron no colexio e fixeron as delicias dos alumnos. Aproveitando que se realizou unha incubación de ovos nacendo nove poliños, impartimos tres charlas formativas a todos os rapaces do colexio, en diferentes tandas, aos que se lles explicou as características da nosa raza, ademáis do ciclo da vida desde a formación dun ovo ata o nacemento dos polos. Un macho e unha femia da nosa raza axudáronnos a que os alumnos comprenderan mellor as características da Galiña de Mos.Estaremos este fin de semana en Boimorto.
Con motivo da celebración da feira Magreco 2017 en Boimorto, provincia da Coruña, que se celebra este fin de semana, a Galiña de Mos estará representada polo stand de Avimós e tamén coa presenza de dous postos máis de criadores. Nun estará a granxa Castelo de Alcobre, que presentará exemplares da súa granxa e tamén dos criadores Alex Fiuza, José Ramón Cillero e Castro de Madrosende. Farán unha degustación de tortillas de pataca con ovos de Galiña de Mos.
Tamén asistirá o criador David Sueiro, da granxa Galo Celta, que impartirá unha charla o sábado ás 12 sobre a súa experiencia coa avicultura alternativa.
Na Escola de Educación Infantil de Vilalba naceron poliños da nosa raza.
Participamos na mesa do Turismo de Lugo.
A Deputación de Lugo está a promover unha serie de iniciativas para o desenvolvemento do turismo nesa provincia. Avimós e Boaga foron invitadas a participar na Mesa de Turismo da provincia de Lugo para aportar ideas para o desenvolvemento do territorio en materia turística. Alí defendimos como fortaleza o turismo gastronómico na base dos produtos autóctonos e en especial das nosas razas autóctonas, como mecanismo de promoción do turismo local.No Fórum Gastronómico da Coruña sonou a Galiña de Mos.
Entre o 12 e o 14 de marzo celebrouse o Fórum Gastronómico na Coruña. Alí estivo o criador David Sueiro, no stand das Cooperativas de Galicia, coa súa marca Galo Celta e os produtos de Galiña de Mos.A Galiña de Mos estivo en Ordes.
Este fin de semana a Galiña de Mos estará en Ordes.
Durante o 11 e 12 de marzo celebrarase en Ordes a Festa do Lacón con Grelos. Na exposición que haberá participaran dúas criadoras de Galiña de Mos, Mari Luz Gómez e Cruz Grille, expoñendo aves da raza e informando sobre as súas granxas.
ABANCA e BOAGA asinan un convenio que beneficiará a todos os criadores.
O convenio facilita que os empresarios e emprendedores asociados accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Así, os asociados poderán contratar produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial. O protocolo tamén inclúe o acceso a toda a oferta para o sector agro-gandeiro.
Do mesmo xeito, os asociados adheridos poderán acceder ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.
Calquera criador interesado deberá solicitarnos o certificado de pertenza á asociación e achegarse á súa oficina de Abanca.
A Galiña de Mos estivo nas Pontes.
O pasado fin de semana celebrouse nas Pontes de García Rodríguez unha mostra de razas autóctonas con motivo da Festa do Grelo. Alí estivo a Galiña de Mos con outras das nosas razas autóctonas. A carpa da exposición foi moi visitada durante os dous días do evento.Estaremos nas Pontes este fin de semana
Este sábado 25 e domingo 26 de febreiro estaremos na Feira do Grelo das Pontes de García Rodríguez. Haberá unha mostra de razas autóctonas de Galiña de Mos, Porco Celta, Ovella Galega, Cabra Galega e Can de Palleiro durante os dous días. O domingo o peche da mostra será ao remate da degustación do cocido.
Nace unha nova marca comercial duns criadores de Galiña de Mos.
Nas Pontes de García Rodríguez temos dous novos criadores Ángela e Michiel, que veñen de crear unha marca para comercializar os seus produtos de Galiña de Mos e de Cachena.
Tras decidirse a vivir no rural e recuperar terreos abandonados inician a súa explotación con razas autóctonas.
Noraboa por esta nova iniciativa.
No vídeo podemos ver a reportaxe que lles fixo La Voz de Galicia e a información impresa aquíA Galiña de Mos estivo na Feira do Porco Celta de Sarria.
Os días 11 e 12 de febreiro estivemos na feira Fiporco, organizada en Sarria con motivo da novena edición da Feira do Porco Celta de Sarria. Nun posto da Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA, repartimos información sobre a nosa raza e do resto das nosas autóctonas.La innovación es buscarse la vida.
O pasado 10 de febreiro asistimos á charla que deu Ferrán Adríá no Pazo de Congresos de Santiago, invitados por CaixaBank. Nela falouse sobre restauración, produtos agroalimentarios e creación de empresas e marcas pero sempre tendo en conta que debemos afrontar os nosos negocios con optimismo, ilusión e iniciativa.
A Galiña de Mos triunfou en GandAgro
A nosa raza tivo un gran protagonismo na feira profesional GandAgro, celebrada en Silleda. Xunto co resto das razas autóctonas destacaron nunha carpa habilitada específicamente. O lote de exemplares estivo acompañado coas nosas razas gandeiras, pasando máis de 20.000 persoas a visitarnos, establecendo moitos contactos con interesados na avicultura artesanal.
O sábado fíxose unha degustación de productos 100% raza autóctona diante do stand de Boaga, na que houbo empanada de polo da nosa raza.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


































