A Galiña de Mos estivo en Ordes.

No Feirón Adina, celebrado en Mesón do Vento, concello de Ordes, participou como protagonista a Galiña de Mos. As criadoras Mari Luz Gómez, do mesmo concello de Ordes e Cruz Grille, de Tordoia, participaron na feira con exposición e venda de exemplares. Os bares da localidade tamén fixeron degustación de Galo Mos e tortilla de pataca con ovos de Galiña de Mos. a Xornada foi moi animada.
Máis información: La Voz de Galicia



Programa labranza sobre os Centros de envasado de ovos de Galiña de Mos

Pinchando na imaxe podemos ver o programa Labranza do domingo 7  de febreiro, sobre os centros de embalaxe (ou envasado) de ovos de raza Galiña de Mos procedentes de explotacións avicolas artesanais. A partir do minuto 13 e 36 segundos.

A Galiña de Mos estivo nas Pontes

O domingo 7 de febreiro celebrouse a Feira do Grelo das Pontes. Como novidade este ano houbo unha mostra de razas autóctonas organizada polo concello da localidade e a Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga. Alí estiveron varios lotes de exemplares da nosa raza, despertando moito interese.

 


Este domingo a Galiña de Mos estará en As Pontes

O domingo 7 de febreiro celébrase a XXXVI Feira do Grelo Nas Pontes de García Rodríguez, provincia da Coruña. Alí haberá unha mostra de razas autóctonas onde estará a Galiña de Mos con exemplares de Ovella Gallega, Can de Palleiro e Porco Celta, ademáis de información do resto de razas autóctonas.

A TVG interésase pola creación de centros de envasado de ovos das nosas granxas artesás.

Estes días estivemos facendo gravacións sobre os ovos e os centros de envasado de ovos procedentes das explotacións avícolas artesanais, cos responsables dos programas Labranza e O Agro, da Galega. Obtivéronse imaxes de dous dos centros que xa están en funcionamento, ademáis dun restaurante e dunha tenda. 
Como aperitivo podemos ver un resume da gravación do programa O Agro aquí, pero o domingo 7 de marzo sairá o programa completo no Labranza.

Unha Tese doutoral sobre a raza causa un gran impacto.

O pasado venres 15 de xaneiro a Tese Doutoral titulada "Caracterización da raza Galiña de Mos", presentada por Diego Rois, veterinario e Director Técnico de Avimós, obtivo a máxima cualificación de "sobresaínte cum laude".
A tese presentada na Facultade de Veterinaria de Lugo, aborda os aspectos tanto historicos, morfolóxicos, xenéticos, de análise da poboación, de estratexias para a súa promoción e a caracterización produtiva de varios dos produtos máis importantes da raza.
O impacto dos resultados foi moi grande tanto na prensa escrita coma en radio.
Nas seguintes enlaces pódese consultar máis referencias sobre o estudo.
Campo Galego

En Fitur falouse dos produtos da Galiña de Mos.

O pasado día 20 de xaneiro con motivo da Feira Internacional do Turismo FITUR, presentouse a Guía da Hostalería de Lugo, onde se fala de produtos da Galiña de Mos. Asistimos ao stand de Galicia á súa presentación, contando ademais coa presenza de cociñeiros e de Madrid e autoridades cos que se intercambiaron coñecementos sobre a raza.

A Galiña de Mos estará de novo en Fitur

Con motivo da celebración da XXXVI Feira Internacional do Turismo Fitur 2016, a Galiña de Mos voltará a sonar, debido á invitación da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo, que con motivo da presentación da Guía gastronómica E Para Comer Lugo, inclúe a produtos da nosa raza nesta promoción.

Un grupo de amigos reúnense a xantar Galo de Mos

O criador Manuel Rodríguez Alonso "Ivo", fainos chegar esta imaxe publicada no xornal Faro de Vigo, sobre o xantar celebrado fai uns días no Mesón Orensano, na cidade de Vigo. 
Participaron entre outros o xornalista Pepe Cadavedo.
Outra actividade que serve para promocionar a nosa raza.

As Galiñas de Mos primeiro...

Debido a que estos días hai auga de sobra, debido as abundantes choivas, o afamado caricaturista Luis Dávila, apodado O Bichero, publicou esta simpática viñeta sobre a nosa raza...
Está claro cales son as primeiras en salvarse, je, je...

Na Feira do Galo de Curral de Vila de Cruces participaron oito criadores da raza.

Na Feira de Nadal do Galo de Curral de Vila de Cruces, celebrada o pasado 22 de decembro, participaron oito criadores de Galiña de Mos, que venderon varios dos exemplares no mercado que houbo.
Tamén se celebrou unha degustación na que participaron preto de vinte restaurantes da comarca, que prepararon o galo de diversas maneiras.
Nunha carpa paralela houbo unha exposición de razas de aves, existindo maioría de Galiña de Mos.
A xornada foi moi animada.
 

A empresa Galo Celta pon no mercado este Nadal, pularda asada.

A empresa Galo Celta, de David Sueiro, pon no mercado este nadal, unha pularda da nosa raza elaborada en colaboración coa empresa Euroambrosías, nunha edición limitada a 400 unidades, podéndoas atopar no Club del Gourmet de El Corte Inglés. A pularda ven cociñada e soamente necesita quentarse.
Máis información: campogalego

Galo Celta

Mañá celébrase a Feira de Nadal do Galo de Curral de Vila de Cruces.

Mañá día 22 celébrase a XVI Feira do Galo de Curral de Vila de Cruces, onde haberá exposición de aves vivas de razas españolas e degustación e venda de galos, estando presentes varios criadores de Avimós. Poranse á venda galos obtidos a partir da raza Galiña de Mos pero tamén outros galos  de estirpes industriais de crecemento rápido. 
É moi importante buscar o etiquetado específico da raza Galiña de Mos entre todos os exemplares.
Os galos obtidos a partir da raza Mos presentan un precinto vermello na pata, cunha numeración específica.

Animada Feira do Capón de Vilalba.

Celebrouse unha animada Feira do Capón de Vilalba, onde os dous criadores da raza, Francisco Monasterio e David Cristóbal, agotaron os capóns da nosa raza autóctona presentados. Foron os únicos capóns de raza da feira e os visitantes, mostráronse moi interesados en recibir información sobre as diferenzas existentes entre os produtos da raza Galiña de Mos fronte aos de estripes industriais.


Este domingo celébrase a Feira do Capón de Vilalba

Este domingo día 20 de decembro celébrase a Feira do Capón de Vilalba con apertura ao público ás 10 da mañá, pero OLLO, soamente dous produtores presentarán capóns feitos a partir da raza Galiña de Mos. Serán Francisco Monasterio e David Cristóbal con 51 exemplares.
Débese buscar o etiquetado específico da raza Galiña de Mos entre todos os exemplares.
Os capóns obtidos a partir da raza Mos, levan un precinto de cor azul na pata.
Son as únicas aves con garantía de raza que se presentan, o resto son capóns feitos a partir de polos de estirpes industriais.

A Galiña de Mos estivo en Melide.


Os días 12 e 13 de decembro a Galiña de Mos estivo na Feira Alimentaria Manxares, en Melide. Estivemos coa criadora do mesmo concello Dolores Mosteiro e o seu fillo Manuel, que impartiron información sobre a súa granxa e sobre a nosa raza.
A feira estivo moi animada e foi un bo escaparate para os produtos da zona.

 Tamén estivo David Sueiro, coa súa marca Galo Celta, presentando a pularda asada e o caldo de galiña vella, que fixo en colaboración co Corte Inglés, para este Nadal.

Un galo e unha Galiña de Mos entran nas aulas do colexio de Laxe.

O CPI Cabo da Area, de Laxe, na provincia da Coruña, recibíu unha visita destacada a pasada semana. Un Galo e unha Galiña de Mos entraron nas aulas de infantil, con motivo dunha charla didáctica impartida aos nenos dese colexio. 
Os rapaces disfrutaron moito observando aos exemplares e atendendo ás explicacións impartidas sobre a vida das galiñas e da súa cría.
Unha experiencia que se complementou coa incubación de ovos dos que saíron poliños, podendo ver os nenos o ciclo completo do nacemento do polo.
Para ver as fotos pulsar aquí.

A Galiña de Mos estará en Melide o próximo fin de semana.


Os días 12 e 13 de decembro a Galiña de Mos estará presente na Feira Alimentaria Manxares. A Criadora do mesmo concello Dolores Mosteiro e o seu fillo Manuel, disporán dun posto onde se ofrecerá información sobre a nosa raza e os seus produtos, ademáis de información sobre a súa granxa artesanal "A Eira do Porto".
Alí estaremos.

A Galiña de Mos estivo en Ordes

O sábado 5 de decembro celebrouse o I Feirón Adina, no recinto feiral de Mesón do Vento, no concello de Ordes. Alí estivemos acompañando á criadora Cruz Grille, que presentou uns exemplares da nosa raza e se repartíu moita infrormación publicitaria.

A tapa de Galo Mos gaña o concurso de tapas en Lugo

A tapa do Galo da nosa raza, chamada "Lagar de Mos" foi a gañadora no concurso de tapas do barrio da Milagrosa en Lugo. Esta tapa foi a primeira tanto no premio valorado polo xurado profesional coma polo público.
Noraboa aos hosteleiros e criadores que participaron nesta iniciativa.