Vos preguntástedes algunha vez como se forma o ovo no interior da galiña? Aquí tedes un vídeo que explica dunha maneira moi sinxela como se forman os ovos que poñen as galiñas.
Gallinas: ¿Como se forman los huevos? por raulespert
Receita de Galo de Mos á carbonada
Benbo é un interesante proxecto que mostra a riqueza gastronómica dos produtos galegos e aos profesionais existentes en Galicia. Ten unha revista en papel e a través da web poderemos estar informados sobre novas referentes á gastronomía.
Benbo ven de publicar unha receita de Galo de Mos á carbonada que podedes consultar no enlace, que foi elaborada por Rocío Garrido.
Benbo ven de publicar unha receita de Galo de Mos á carbonada que podedes consultar no enlace, que foi elaborada por Rocío Garrido.
Estivemos na Feira do Queixo do Cebreiro

O pasado 29 de marzo estivemos na Feira do Queixo do Cebreiro en Pedrafita, Lugo. Os criadores da raza da zona organizaron unha mostra de exemplares, pasando polo posto moitos interesados na crianza da raza autóctona.
Últimos días das Xornadas Gastronómicas do Galo Mos en Castroverde
Últimos días das xornadas do Galo Mos que se están a celebrar no restaurante Pereira III en Castroverde (Lugo). Podemos escoller de primeiro entre unha sopa ou revolto de grelos con ovos de Galiña de Mos. Despois temos un moi ben preparado Galo da raza asado ao estilo tradicional acompañado de ensalada. O restaurante proponnos tamén por encarga que probemos unha combinación do galo Mos con lumbrigante.Unha granxa para o futuro
O criador Bruno Vidal envíanos este video documental do ano 2009, ambientado no Reino Unido. É moi interesante xa que trata aspectos que nos deben facer reflexionar. Seguro que nos sonan moitas das circunstancias que se reflexan no documental.
Dous criadores preséntannos as súas páxinas web
Dous criadores xa están na web con información sobre os seus exemplares e as súas granxas, son Bruno Vidal en Miño (A Coruña) e Augusto Fontán, en Pontevedra. Engadimos as súas webs á barra lateral
A Galiña de Mos no programa Vivir aquí da Televisión de Galicia
O programa Vivir aquí, que se emite os domingos, emitíu un programa titulado "a calidade ten un prezo" onde a Galiña de Mos tivo o seu espazo. Os criadores da raza Álvaro Rodríguez (de Mos, Pontevedra) e Pablo Balboa (da granxa Sabores de Santiso, en Santiso, A Coruña) faláronnos das características da raza e dos seus produtos. A partir do minuto 19 e 25 segundos.
Xornadas do Galo Mos en Castroverde (Lugo)
A partir do 15 de marzo e ata o 7 de abril unhas novas xornadas do Galo Mos. Procedentes da granxa de avicultura artesanal Chousadolea o restaurante Pereira III en Castroverde (Lugo) organiza unhas xornadas cun menú con sopa, revolto de grelos con ovos de Galiña de Mos e Galo da raza asado ao estilo tradicional. O restaurante proponnos tamén por encarga que probemos unha combinación do galo Mos con lumbrigante (dise que está moi bo).
Gran éxito do restaurante das razas autóctonas en Xantar
En Xantar, o restaurante das razas autóctonas contou con un gran número de comensais nos cinco días que durou o certame. A feira foi visitada por máis de 20.000 visitantes, parte dos cales degustaron o menú das razas autóctonas onde se incluía entre os entrantes unha ensalada feita coa peituga do Galo Mos e entre os platos principais, o Galo Mos ao viño Mencía. Todo servido polo prestixioso chef Flavio Morganti.
O Galo Mos volve a triunfar en Casa Quinzán
O restaurante Casa Quinzán en Melide, ten galo da raza Mos os segundos fines de semana de mes por encarga. Son criados pola granxa Sabores de Santiso. Do 8 ao 10 de marzo agotouse o produto. Na imaxe vemos unha apetitosa presentación.
No restaurante Casa Quinzán, de Melide, Galo de Mos os segundos fins de semana de mes.
No restaurante Casa Quinzán en Melide, os días Venres 8, Sábado 9 e Domingo 10 de marzo haberá un menú especial recomendado de CAZOLA DE GALO DE MOS. Terán este produto todo os segundos fins de semana de mes e por encarga. Os galos son criados pola granxa Sabores de Santiso. Teléfono de reservas no 981 50 53 25. Unha excelente opción para os fins de semana.
Un restaurante de razas autóctonas en Xantar
Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, que se celebra en Ourense do 6 ao 10 de marzo, é unha feira que alcanza a súa décimocuarta edición e que transforma o recinto de Expourense nun gran centro de restauración. En 12.000 metros cadrados cubertos, recréanse unha vintena de restaurantes con todos os detalles e servizos. O obxectivo é dobre: exaltar as materias primas coas que se elaboran os menús e fomentar a calidade e a prestación do servizo.
Este ano como gran novidade a Federación de razas autóctonas de Galicia-BOAGA, terá xunto ao famoso cociñeiro Flavio Morganti, do restaurante Galileo, un restaurante dentro deste salón que ofrecerá un suculento menú coas razas autóctonas, formando parte do menú o galo da nosa raza. Tamén teremos un stand de información para todos os interesados.
Boaga estrena páxina web
A Federación de Razas Autóctonas de Galicia - BOAGA, da que forma parte Avimós, ven de estrear páxina web, na que existe información sobre as razas autóctonas que integran a Federación e colaboran con ela.
Si queredes informarvos sobre as outras razas autóctonas visitade www.boaga.es. Irase ampliando información nos próximos días.
Achégase un mes de marzo cargado de actividades

O próximo mes de marzo ven cheo de actividades de promoción da nosa raza e de oportunidades para degustar as súas carnes. Pronto vos informaremos.
Para rematar o mes de febreiro o restaurante O Pazo de Lugo en Madrid organiza o xoves 21 unha cena-cata na que o Galo da raza Mos forma parte do menú principal.
Tamén o Restaurante Silabario en Tui, segue a ofrecernos no seu menú un estupendo prato do Galo Mos estofado a fogo lento, rebozuelos escabechados e nabo glaseado. Ademáis este restaurante farán o 7 de marzo unhas maridaxes, entre os que destaca a combinación con croqueta de Galo Mos con maíz e trigo.
Tamén o sábado día 22 de febreiro en Bertamiráns, concello de Ames, ao carón de Santiago de Compostela, a granxa Sabores de Santiso organiza unha degustación na tenda especializada La cesta natural.
A Galiña de Mos participou en Fitur
Grazas á invitación cursada pola Asociación de Hosteleros da provincia de Lugo, asistimos á presentación en Fitur da Guía da hostelería da provincia de Lugo E para comer Lugo, onde aparece o Galo de raza Mos. Na mesa de presentación participaron o presidente da Asociación de hosteleros de Lugo Cheché Real, a Delegada da Xunta en Lugo Raquel Arias, a Vicepresidenta da Deputación de Lugo Lara Méndez e o Presidente de Avimós Francisco Monasterio, en representación das marcas de calidade dos produtos galegos. No stand de Galicia repartiuse abundante información sobre os produtos gastronómicos galegos.
![]() |
| Presentación da Guía |
| Stand de Galicia en Fitur |
Máis información: E para comer Lugo, El Progreso, La Voz de Galicia
A raza sonará en Fitur 2013
O mércores 30 de xaneiro Avimós estará en Madrid na Feira Internacional do Turismo Fitur, invitada pola Asociación de empresarios da provincia de Lugo, con motivo da presentación da Guía E para comer Lugo xa que por primeira vez, esta guía da que se editan 15.000 exemplares, inclúe a promoción do galo da nosa raza. Aproveitaremos a estancia na capital madrileña para establecer varios contactos con empresarios do sector.
Máis información: E para comer Lugo
Moi positiva a visita á hostalería de Barcelona
| Asador de picantóns no restaurante Chezcoco |
Foi moito o interés que mostraron os restauradores por este tipo de produtos de calidade, comprometéndose a probalos e a experimentar no seu tipo de cociña, destacándonos principalmente que todos buscan aves de calidade e sobre todo que os produtos avícolas de alta gama teñen que estar baseados no concepto RAZA, algo que existe pouco no mercado español, xa que a gran maioría dos produtos das galiñas que atopamos no mercado están feitos a partir de moitos cruces entre liñas de polos industriais para acadar rápidos crecementos aínda que de peor calidade, como recoñecen os profesionais.
Máis info: Faro de Vigo
Máis info: Faro de Vigo
O produto da raza representado na gala anual do Foro da Terra Galega
| Partes do galo en adobo |
Con motivo da gala anual do Foro da Terra Galega, asociación que agrupa a moitos dos galegos residentes en Cataluña, houbo participación da nosa raza autóctona ao ser servido o segundo prato da cena da gala baixo a marca Galo de Curral de Vila de Cruces, sendo proporcionado pola cooperativa Vicogalo. Celebrouse no hotel Fira-Palace de Barcelona o 26 de xaneiro de 2013 coa asisitencia de 540 comensais.
O chef do restaurante Manso de Santiago de Compostela, Alberto Lareo foi o cociñeiro desprazado desde Galicia para preparar o galo guisado ao estilo tradicional, acompañado como guarnición con pataca asada, alcachofa e cenoria. Foi un grande éxito.
| Alberto Lareo nunha das cociñas do hotel preparando o galo. |
Martín Berasategui interésase na Galiña de Mos
O famoso cociñeiro vasco Martín Berasategui posuidor de tres estrellas michelín, interesouse na feira Madrid Fusión pola nosa raza autóctona e os métodos de crianza artesanal nos que se produce, especialmente coa marca Galo de Curral de Vila de Cruces. David Sueiro presidente da cooperativa Vicogalo explicoulle as bondades do produto, estando especialmente interesado en traballar con él, incluíndo ademáis do galo o resto de producións da raza.
O cociñeiro animou aos presentes a incidir na produción artesá a partir da raza autóctona, xa que grazas ao seu crecemento lento pode garantir a máxima calidade da produción, apartándose do mercado industrial.
Tamén se interesou a distribuidora Petra Mora da que son propietarias María e Uxía Domínguez, sobriñas do diseñador galego Adolfo Domínguez, que están a copiar o modelo da súa exitosa Bimba & Lola, da que tamén son propietarias.
Tamén se interesou a distribuidora Petra Mora da que son propietarias María e Uxía Domínguez, sobriñas do diseñador galego Adolfo Domínguez, que están a copiar o modelo da súa exitosa Bimba & Lola, da que tamén son propietarias.
Máis información : La Voz de Galicia e Faro de Vigo
![]() |
| David Sueiro, presidente de Vicogalo, co alcalde de Vila de Cruces e María e David, de Petra Mora. |
Continúa al alza la venta directa de productos agroalimentarios.
En toda España cada vez más consumidores se decantan por la venta directa de productos agroalimentarios ya que beneficia a las dos partes, productor y comprador. Este incremento también se está notando en los llamados "circuitos cortos de comercialización" que son aquellos en los que solamente hay un intermediario (venta en tiendas locales, restaurantes,...). En el siguiente enlace se puede ver una interesante información.
http://www.periodismoagroalimentario.com/la-venta-directa-de-productos-alimentarios-crece-y-ofrece-a-agricultores-y-ganaderos-nuevas-perspectivas/
![]() |
| Alumnos de la EFA Fonteboa vendiendo productos en el mercado de Carballo. Fuente La Voz de Galicia |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















