Os circuitos curtos de comercialización fomentan o medio ambiente e a agricultura familiar


Os pasados dias 7, 8 e 9 de novembro, celebrouse o Congreso Desenvolvemento Rural e Leader horizonte 2014-202,organizado pola Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia e que contou con máis de 250 asistentes, no Paraninfo da Facultade de Xeografia e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. Neste Congreso falouse da importancia das unións de produtores, do asociacionismo de produtores. Estas unións de produtores acadan maior poder de compra dos insumos, maior poder para promoción e comercialización dos seus produtos e para lograr apertura de novos mercados. O mesmo tempo coa unión se minimizan os riscos da producción individual, se un produtor por circunstancias perde a producción do produto, sempre pode recurrir aos outros para non deixar desabastecido ao cliente. E por último se resaltou un beneficio importantísimo destas asociacións de produtores, a interloución coas distintas administracións. 
Valorouse ás cooperativas agroalimentarias como unha ferramenta para acadar en común, coa unión dos socios, o que o individualmente non seria posible ou resultaría máis costoso. 
Destacouse a importancia que teñen as marcas, tanto individuais coma colectivas, de calidade para poder actuar como impedimento de entrada de produtos foráneos. Con algúns produtos non se pode competir en prezo, pero sí en calidade. 
Incidíuse especialmente na importancia que teñen os circuitos curtos de comercialización. Os circuitos curtos son unha compra responsable, onde non hai intermediarios. Os circuitos curtos vincúlanse á produción familiar agraria e teñen moita importancia xa que son a mellor vía para a pequena agricultura familiar  e teñen un destacado beneficio ambiental, posto que os pequenos produtores son máis respetuosos coas boas prácticas. Os circuitos curtos vense favorecidos por mecanismos como o sistema de garantia participativa onde os consumidores comproban na mesma explotación que se fan as cousas ben.

Impartido curso de formación para criadores de Galo de Curral de Vila de Cruces

Este fin de semana impartíuse un curso de formación para varios criadores adheridos á marca Galo de Curral de Vila de Cruces. No curso dividido en dez horas teóricas e cinco prácticas, falouse sobre a raza Galiña de Mos, a súa historia, evolución, características cárnicas, así como as normas de avicultura artesanal e de crianza das aves. Incidíuse nos aspectos novidosos da crianza deste produto, en especial desde o cambio no plantexamento produtivo experimentado polos criadores da comarca do Deza e a agrupación que están facendo para a comercialización do produto a partir da raza autóctona. O curso foi organizado polo Concello de Vila de Cruces e o GDR Terras do Deza, sendo financiado polo Ministerio de Agricultura, Älimentación y Medio Ambiente.
Máis información: Xornadas de formación
Faro de Vigo.
Gallos de etiqueta.

A Galiña de Mos en Santiso


Na parroquia de Visantoña, no concello de Santiso, na provincia da Coruña, celebrouse o pasado fin de semana  un magosto popular que se celebra anualmente. A el asisten en cada edición artesáns, comerciantes e postos de alimentaciòn. Alí estivo o criador da raza Pablo Balboa, de Sabores de Santiso, ofrecendo información sobre a raza e sobre a súa granxa e marca.

Soutodeherville na FEIRA, en Vigo

FEIRA é un mercado mensual que se fai en Vigo con produtos tradicionais galegos de calidade e para poñer en valor a artesanía e recuperar a vella tradición dos mercados do Casco Vello.  Alí estivo Marcos de Soutodeherville co seu posto.
 A vindeira edición farase o día un de decembro.



Interesados na avicultura artesanal visitaron Vila de Cruces


O pasado fin de semana un grupo de granxeiros do concello de Meis (Pontevedra) interesados na produción como avicultura artesanal, visitou unha das granxas en Vila de Cruces onde se crían aves da nosa raza. Alí recibiron indicacións sobre o tipo de instalacións, a crianza coa Galiña de Mos e as condicións que teñen que cumprir para obter o produto final Galo de Curral de Vila de Cruces.

 

Gran éxito da III Expo-Degustación da Galiña de Mos en San Xiao de Mos


Na parroquia de San Xiao de Mos, no concello de Castro de Rei, Lugo, celebrouse a terceira edición da xornada de exaltación da raza.  A degustación estivo organizada pola Asociación de Veciños de San Xiao de Mos e o concello de Castro de Rei e nunha carpa para máis de 700 comensais, tres cociñeiras prepararán no mesmo lugar, as carnes das aves que criaron catro dos criadores da parroquia. As racións foron acompañadas de ovos fritos de Galiña de Mos. 

O menú foi un grande éxito esgotándose todas as racións, proba do grande interese que teñen cada vez máis os produtos da nosa raza.
Houbo unha exposición de aves vivas de varios criadores da comarca, na que colaborou avimos.

Os grandes artífices da xornada, os criadores José Manuel, Toño, Carlos, Pablo e as cociñeiras Carmen, Artina e Mar.

III Exposición e Degustación da Galiña de Mos en San Xiao de Mos (Castro de Rei)

No campo da festa, ao carón da igrexa parroquial de San Xiao de Mos, no concello de Castro de Rei, Lugo, vaise celebrar o domingo 28 de outubro a xornada de exaltación da raza, que se ven celebrando nos últimos tres anos. A degustación está organizada pola Asociación de Veciños de San Xiao de Mos e nunha carpa para máis de 700 comensais, tres cociñeiras prepararán no mesmo lugar, as carnes guisadas dos 200 galos e galiñas que criaron catro dos criadores da parroquia. As racións, irán acompañadas de ovos fritos de Galiña de Mos. 

Paralelamente, nunha carpa anexa, realizarase unha exposición comarcal de aves vivas da raza que está patrocinada polo Concello de Castro de Rei en colaboración con AVIMOS. 

Animámosvos a todos a participar nesta xornada festiva.

Como chegar: Coordenadas GPS: N-43° 9' 44.36" W-7° 32' 32.78"

Pinchar para abrir google maps.

Iniciativas para la producción local en Portugal.

La Federación de razas autóctonas Españolas FEDERAPES, viene de informarnos que el gobierno portugués va a simplificar los requisitos legislativos de los pequeños productores, incentivando de esta manera la producción tradicional local. Esto es algo por lo que nuestra asociación lleva tiempo peleando, consiguiendo en los últimos tiempos importantes avances, como el decreto de explotaciones avícolas artesanales, de aplicación en Galicia, del que ya informamos en diversas charlas, aunque todavía quedan pasos que dar para favorecer la comercialización de las producciones locales.
Reproducimos el texto completo publicado por el gobierno portugués:

El gallo Mos en el menú de otoño del restaurante Silabario

El famoso Restaurante Silabario, restaurante del Hotel Colón en Tuy, galardonado con una estrella michelín, incluye dentro de su apetitoso menú de otoño, un plato de Gallo de Mos estofado muy lento, rebozuelos escabechados y nabo glaseado. 
Los gallos son de la granja artesanal Soutodeherville. Es un placer observar como los grandes de la cocina se decantan por los productos de la tierra, criados con mucho cariño y esmero.
Ocasión ideal para saborear un producto especial.
Foto: Restaurante Silabario.
                                                                                                                              

Galiña de Mos, un manjar

O xornal El Correo Gallego ven de facer unha reportaxe sobre a Galiña de Mos, que se pode ver completa na súa edición impresa e en parte, no seguinte enlace El Correo Gallego.
Reproducimos o editorial deste xornal sentíndonos moi agradecidos:

GASTRONOMÍA. Superado el riesgo de que la Galiña de Mos acabara por extinguirse, hoy sus productores en Galicia trabajan de cara a reivindicar la calidad de su carne. Avimos, la Asociacion de Avicultores da Raza Galiña de Mos suma esfuerzos y ya cuenta con más de 600 inscritos, lo que ilustra hasta que punto esta entidad está trabajando bien en favor de la gastronomía gallega que así gana en variedad. La web Avimos.org reúne ya a medio centenar de productores. ¡Enhorabuena!

Un grupo de produtores de Vila de Cruces pretende facer unha cooperativa

Varios produtores de Galo de Curral de Vila de Cruces farán unha cooperativa para comercializar os seus galos, sendo todos da nosa raza autóctona. Esta cooperativa nacerá inicialmente con cinco produtores, pero coa idea de ir aumentando o número de produtores para conseguir unha mellora nos prezos dos cereiais para alimentar ás aves, busca de colaboracións para sementar millo e trigo en terras da zona, coordinar a comercialización do produto, etc.
Máis información: Faro de Vigo

Cancelado o Monográfico de Expolugo deste ano.


Finalmente non foi posible e o concurso Monográfico da raza, que anualmente se facía con motivo da feira Expolugo, non se poderá realizar. Os imprevistos recortes nas axudas, que se lle acaban de aplicar ás entidades que organizaban o concurso, entre elas á nosa asociación, non fan posible poder organizar este acto. Para as estatísticas futuras, constará como monográfico da raza do ano 2012 o celebrado con motivo da feira, GandAgro no mes de marzo.

A asamblea xeral da asociación, que xeralmente se facía coincidindo co monográfico, queda posposta ata atopar unha boa data e lugar para todos os criadores, pretendendo tratar o futuro das actividades a realizar.

Una granja agroganadera asturiana destaca la calidad del gallo Mos

Una granja de Asturias, que posee las principales razas ganaderas asturianas, además de diversos productos hortícolas, destaca la importancia de los productos de sus gallinas, en especial de la "gallina de Mos" y de la Pita Pinta Asturiana.
Enrique Rego Fernández: "La gallina tiene ahora un tirón que quizás no nos demos cuenta de todo su potencial. La gente que viene por aquí siempre nos pide los huevos que producimos. Ahora mismo tenemos 60 gallinas de Pita Pinta asturiana y de la Mos gallega. Tenemos de las dos porque en Nochebuena me encargan gallo para la cena, y el gallo de Mos coge un kilo más que el asturiano. La gente lo aprecia muchísimo porque la calidad es muy buena y porque tiene un kilo más de carne. Ambas razas las utilizo para huevo y para carne."

Boa acollida da información sobre o galo na promoción da "Vuelta Ciclista"

Máis de 20.000 persoas visitaron o stand da zona VIP da "Vuelta Ciclista a España", que levou a Asociación de Hosteleros de Lugo. O balance foi moi positivo, repartíndose abundante información sobre a nosa raza. O presidente de Avimós, participou nunha rolda de prensa na que se fixo balance. 
Houbo interesantes contactos comerciais con restauradores de varias partes de España, moi interesados nas cualidades do noso galo.
Máis información: Xornal El Progreso.

 Imaxes da saída da etapa de Palas de Rei.

O galo Mos na Vuelta Ciclista a España

Nas etapas galegas da "Vuelta Ciclista a España" os asistentes á  zona VIP, poden degustar galo da nosa raza, que está incluído na promoción que está a facer a Asociación de Hosteleros de Lugo no seu posto, con outros produtos de calidade galegos. Preparado pola empresa responsable do catering da volta ciclista, simplemente asado cun lixeiro adobo con allo e perexil, está a ter moito éxito.Especialmente os visitantes de fóra de Galicia interesáronse polo coñecemento das características do produto, repartíndose moitos trípticos publicitarios da raza. As imaxes que vemos son da saída en Ponteareas.



Último fin de semana das xornadas do Galo Mos na Pastoriza

Ata o día 26 de agosto seguirán as Xornadas Gastronómicas do galo da nosa raza na Taberna Molareda, en Fontenla, na parroquia de Piñeiro, no concello da Pastoriza, provincia de Lugo. 
Incluído nun menú de 20 € cun entrante de revolto con diferentes combinacións a escoller, no segundo prato aparece a carne do galo feito dunha maneira deliciosa. (Recomendable probalo).

Ata sempre Miguel

Deixounos Miguel Purriños, un dos grandes entre os criadores da nosa raza e unha gran persoa. Desde a Asociación de avicultores da raza Galiña de Mos-AVIMOS o noso máis sentido pésame e un forte abrazo aos seus familiares e amigos. 
Ata sempre amigo.

O Galo de Mos promocionarase durante as etapas da Volta Ciclista a España

As carnes dos galos da nosa raza serán protagonistas durante a Vuelta Ciclista a España, xa que a Asociación de empresarios da hostelería de Lugo, en colaboración coa Xunta de Galicia e a marca "E para comer Lugo" terán nas saídas das etapas un posto de promoción dos produtos agroalimentarios con indicación de calidade, estando representada a nosa raza coa Ovella Galega e o Porco Celta.
Nas cinco etapas galegas con saída en Ponteareas, Cambados, Vilagarcía, Santiago e Palas de Rei haberá degustación do galo da raza Mos, cedidos por criadores da provincia de Lugo, xunto coas dos outros produtos de calidade.
Máis información: El Progreso, La Voz de Galicia.

Na presentación do acto estivo en representación dos consellos reguladores e das asociacións de criadores o Presidente de Avimós (esquerda).

Novas xornadas gastronómicas do Galo Mos

Do 11 ao 26 de agosto, celébranse na Taberna Molareda, ubicada en Fontela 8, parroquia de San Cosme de Piñeiro, no concello da Pastoriza, na comarca da Terra Chá, provincia de Lugo, unhas xornadas sobre o Galo de Mos. Organizada pola granxa artesá da raza "Chousa do Lea", temos outra ocasión de disfrutar da calidade dos galos da raza criados con oito meses de idade. Algo único.
Máis información: xornal El Progreso.