Investigadores holandeses desarrollan una técnica para diferenciar los huevos ecológicos y los convencionales

Investigadores de la Universidad de Wageningen (Holanda) han desarrollado un test que permite detectar si un huevo es ecológico o convencional, utilizando una técnica basada en la lectura de una huella de los componentes del huevo.
Los investigadores han desarrollado un modelo estadístico que compara las huellas de una muestra nueva con las huellas de las muestras de la base de datos. En el caso del huevo, el sistema examina la huella de los carotenoides -los pigmentos de la yema-. Se ha comprobado que hay bastante variación en la huellas, lo que permite una clara distinción entre huevos ecológicos y convencionales.
Las huellas se identifican con la ayuda de una técnica de separación llamada cromatografía líquida de alta presión. La base de datos contiene información de huevos de 75 productores ecológicos y otros 75 productores convencionales (de gallinas en jaulas o gallinas camperas).

Investigaciones indican que los huevos de granjas poseen más vitamina D y menos colesterol

Los huevos de mayor tamaño tienen menos colesterol de lo que se creía hasta ahora, de acuerdo a los últimos datos entregados por el Servicio de Investigaciones del Departamento de Agricultura de EUA, USDA-ARS, que revelan también que estos huevos contienen una mayor cantidad de vitamina D. Para este estudio, los investigadores del USDA-ARS reunieron una muestra de huevos de mayor tamaño (tipo estándar) de 12 zonas de todo EUA para analizar su contenido en nutrientes en un laboratorio independiente de la Universidad Técnica de Virginia. Después se comparó la composición de estos huevos con la registrada en el año 2002.
Específicamente, este análisis nutricional de un huevo de tamaño grande tiene 185 mg de colesterol frente a los 212 mg registrados en 2002. También contiene 41 unidades internacionales, UI, de vitamina D frente a las 18 UI de 2002. De acuerdo, al Dr. Jacob Exler no hay una explicación para la reducción del colesterol, si bien él cree que se debe a las mejores raciones que actualmente se suministran a las ponedoras en relación con el año 2002. El mayor contenido de vitamina D es justificado por el Dr. Exler por los suplementos vitamínicos que reciben las gallinas ponedoras.
Durante años, la población ha evitado el consumo de huevos debido al temor por el colesterol. Sin embargo, más de 40 años de investigación han demostrado que los adultos sanos pueden consumir perfectamente huevos sin que esto tenga un mayor impacto en el riesgo de desarrollar una enfermedad cardíaca.

A Galiña de Mos na Feira de Abril de Val do Dubra


O pasado fin de semana 2 e 3 de abril celebrouse no concello de Val do Dubra, provincia da Coruña, a Expofeira Ecolóxica, Multisectorial e de Razas Autóctonas, que se celebrou no recinto feiral de Bembibre da capital municipal. Alí estivemos coa Galiña de Mos, nunha exposición organizada polo grupo de criadores de Val Do Dubra. Visitou a Expofeira o director xeral de Producción Agropecuaria da Xunta de Galicia, José Álvarez Robledo, quien destacou que as feiras e mercados «forman parte inseparable da cultura e a tradición do noso mundo rural». Loubou á nosa raza e ao resto das autóctonas, destacando a calidade dos produtos das nosas razas.

Los españoles quieren saber lo que comen en los restaurantes

Un estudio de Unilever Food Solutions avalado por José Enrique, catedrático de Fisiología de Universidad de Extremadura, afirma que los españoles muestran cada vez más interés en saber lo que comen fuera de casa y reclaman una mayor transparencia en información. Según el estudio, a la hora de comer en un restaurante a los españoles les preocupa principalmente aspectos como la procedencia de los alimentos, los métodos que se han utilizado para cocinarlos y/o el contenido calórico de los mismos. Una de las principales conclusiones es que la mayoría de los comensales escogerían opciones más saludables en su menú si se les proporcionara información nutricional.
Las razones de los españoles para elegir restaurante para su almuerzo habitual son, en un 65% por la proximidad al centro dentro de trabajo y en un 35% por cuestiones nutricionales como la calidad de la comida y que los productos sean frescos.
Sin embargo, es importante poner un especial cuidado a la hora de elegir dónde y a quien confiamos el 40% de todos los nutrientes que ingerimos cada día.

“FEIRA” o mercado de produtos tradicionais galegos medra

 
“FEIRA” o mercado de produtos tradicionais galegos que se celebra en Vigo todos os primeiros domingos de mes, medrou e ocupaou todo o Paseo de Alfonso. Alí estivo a granxa de Galiña de Mos Soutodeherville. Con exemplares da raza e impartindo charlas formativas sobre a raza e sobre as súas calidades.

Entrevista á criadora Mari Luz Gómez

Hoxe propoñémosvos que vexades a entrevista que lle fixeron na TVG á criadora de Ordes Mari Luz Gómez con motivo da exposición celebrada na Festa do Lacón con Grelos no Mesón do Vento, en Ordes, A Coruña.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Estamos no Proxecto ANATOLE

O proxecto ANATOLE (Atlantic Network’s abilites for tows to organise local economy), desenvólvese baixo o lema Unha aposta pola competitividade e calidade dos nosos mercados para o desenvolvemento da economía de proximidade. Promovido pola Asociación de Cámaras Agrarias do Arco Atlántico, é unha iniciativa transnacional para promover o intercambio de experiencias, a aprendizaxe intercultural, a formación e a conformación de redes no ámbito do desenvolvemento de mercados de proximidade para o sector primario. En Galicia, o promotor institucional do proxecto é a concellaría de Promoción Económica e Turismo do Concello de Santiago de Compostela, o operador técnico a asociación ADTERRA, e o territorio  de incidencia é o correspondente ao GDR 24 Terras de Compostela, do Programa LEADER.
Os obxectivos do proxecto Anatole son:
• Promocionar a produción local dos territorios rurais periféricos a Santiago, co fin de favorecer a súa comercialización e consumo nos mercados de proximidade.
• Establecer un modelo innovador na organización da economía de proximidade que favoreza un desenvolvemento urbano-rural sustentable, con capacidade de transferencia e aplicación noutros territorios.
• Crear unha rede europea de intercambio de experiencias e creación de novos modelos de organización para unha economía de proximidade con dimensión atlántica.

A Galiña de Mos no plato

Nos últimos tempos están a xurdir iniciativas de criadores e restauradores que están a incluír nos seus menús as carnes dos produtos da raza. As carnes dos galos Mos presentan unhas características diferenciais que proximamente serán presentadas, tendo en conta os estudios de investigación que se están a facer.

Desde o mes de febreiro o restaurador Tomás da casa de comidas "Adega da tía Carmen" da parroquia de Louredo (Mos-Pontevedra) está a promomocionar no seu menú o galo e a pita da raza Galiña de Mos, obtendo unha impresionante acollida entre os clientes e comensales máis esixentes que recoñeceron a altisima calidade do produto. Os exemplares que se poden consumir proceden das granxas dos criadores Manuel Rodríguez (Ivo) e Miguel Verde.

Noraboa a todas as partes pola inicitaiva.
Foto: Manuel Rodríguez Alonso

Presentación da Granxa Soutodeherville

No lugar de Herville, parroquia de Cela, concello de Mos, Pontevedra. ubícase a Granxa Soutodeherville. Os seus propietarios anímannos a visitar a súa nova páxina web e coñecer esta granxa que está a traballar pola promoción e difusión da Galiña de Mos.

Coma sempre animamos aos criadores que teñan iniciativas tan interesantes coma esta a que nolo comuniquen.
(imaxe: www.soutodeherville.es)

A Galiña de Mos no Concello de Ordes

A XIII Festa do Lacón con Grelos de Mesón do Vento (en Ordes) contou con miles de persoas que se achegaron ao recinto feiral ordense para visitar a ampla mostra de gando e maquinaria agrícola que se instalou. Celebrouse os días 19 e 20 de marzo na localidade da provincia da Coruña. Alí estivo a criadora Mari Luz Gómez Fernández con varios exemplares da raza Mos acompañados de material publicitario proporcionado por Avimós. Na feira fixéronse moitos contactos de público interesado na raza, resaltando o gran interés que desperta entre as xentes do rural a crianza das nosas aves, tendo en conta a calidade que está a demostrar-

Primeiro fin de semana de abril con dúas feiras

O vindeiro fin de semana aproxímase e contará con dúas feiras con representación da Galiña de Mos. En Vigo o domingo 3 de abril no Paseo de Alfonso XII haberá unha nova edición do mercado de produtos tradicionais galegos que organiza o Centro de Artesanía Tradicional de Vigo. A granxa Soutodeherville participará novamente nesta edición.


Por outra banda os criadores de Galiña de Mos de Val do Dubra estarán presentes na VII Expofeira Ecolóxica, Multisectorial e de Razas Autóctonas, que traerá os próximos días 2 e 3 de abril ao pavillón de Bembibre (Val do Dubra) un foro conformado por medio centenar de stands entre os que se divulgará desde a arte de criar bonsáis ata a elaboración de caipiriñas, fabricación de instrumentos musicais ou a agricultura verde. Ademáis, nesta ocasión está previsto un campeonato de arrastre de peso con tres parexas de bois. (fonte: el correo gallego). Alí estará tamén a Galiña de Mos con outras das nosas razas autóctonas.

Mercado anual do Ferro (Riotorto-Lugo)

A Galiña de Mos estará presente o próximo Domingo 10 de Abril 2011 celebrarase nas Rodrigas (Riotorto), provincia de Lugo o mercado anual do ferro, nesta ocasión será multitudinario xa que tamén estarán todos os que asisten aos mercados de tempada que cada trimestre se fan en Riotorto e, como xa é habitual, alí estará o criador Luis Fernández Fernández. Nesta ocasión acudirá con exemplares suficientes para cubrir a demanda. Luis anima a todos a participar nesta xornada.

Podemos observar nas dúas imaxes momentos do último mercado de tempada celebrado na localidade o pasado 13 de febreiro. fotos: fleire.com

O consumidor do futuro

Deloitte é a maior empresa de servizos profesionais do mundo e unha das catro grandes auditoras mundiais, estando presente en 140 países do mundo. Ven de facer un estudo de como será o consumidor do ano 2020. Esta análise é moi importante xa que resalta varios dos factores nos que moitos cremos desde fai unha década, principalmente a importancia das feiras e mercados locais e as vendas directas dos produtos, ligados a un método de produción natural e respectuoso co medio ambiente, ofrecéndonos a nivel empresarial boas oportunidades, non só ao nivel económico que nos proporciona a transación directa, senón tamén como reclamo turístico.
Ollo porque no presente ano estamos a observar un cambio radical de todas as administracións de cara ao desenvolvemento deste tipo de produción.
Convídovos a ler esta tradución do estudo:

En los próximos diez años aparecerán 800 millones de nuevos consumidores procedentes de una clase media surgida de los mercados emergentes, según el informe de Deloitte “Consumidor 2020: leyendo las señales”, que analiza cómo cambiarán los consumidores y sus demandas en los próximos diez años y que revela más datos interesantes.
Estos compradores del futuro, que lidiarán con precios de alimentos más elevados, buscarán productos locales y saludables y valorarán la producción sustentable. De acuerdo con el estudio, habrá menor capacidad productiva en determinados mercados y se gestarán nuevas oportunidades para ofrecer servicios y productos.
En ese contexto, se reestructurará la oferta de las grandes empresas de consumo, que deberán desarrollar nuevos productos y servicios para adaptarse a los estilos de vida, preferencias y definiciones de valor de los mercados.
Otros factores que seguirán reformulando las mentes de los consumidores serán las nuevas herramientas de comunicación como las redes sociales. Según Deloitte, los compradores tendrán más poder, demandarán información, estarán atentos a cambios y escándalos y aguardarán recompensas. En el actual contexto de fraudes y escándalos valorarán conceptos como la confianza, aunque a la vez su lealtad hacia las marcas será más volátil.
La convergencia de los cambios demográficos, económicos y tecnológicos hará que los próximos diez años sean turbulentos, inciertos y complejos; cambiarán las temáticas de las cuales hablarán los consumidores, cómo las hablarán y cómo las empresas se comunicarán con sus clientes.

Estivemos na Fima Ganadera

A Fima Ganadera é unha das maiores feiras agrícolas e gandeiras que se celebran en España. Ten un carácter bianual e no presente ano asistiron case 60.000 persoas, todas cunha vocación profesional, asistindo nos sete pavillóns que conforman a feira, as mellores empresas do ámbito da gandería e do agro de case todos os países europeos.
Estivemos presentes coa raza Mos, un galo e tres galiñas, que formaron parte dunha exposición de razas avícolas de toda España, estando invitados no stand da Federación Española de Avicultura-FESACOCUR, repartindo moitos trípticos informativos da nosa raza, interesándose moito polas bondades da raza diversos profesionais e público en xeral. Celebrouse en Zaragoza do 15 ao 18 de marzo.


Asistimos ás xornadas técnicas organizadas polo Ministerio, no que se explicaron os últimos avances nos sectores gandeiros.

Foto: Fesacocur
Representantes de Fesacocur diante do stand. Foto: Fesacocur

A Galiña de Mos de feira en Vigo

O pasado día 6 de marzo os criadores Marcos Pichel, de Mos e Ángel Pavón, de Ourense foron invitados polo CAT Centro de Artesanía Tradicional de Vigo para participar na VII edición da Feira de Artesáns que se celebra todos os meses no Paseo de Alfonso XII en Vigo. Acudiron ao evento cunha representación de animais do seu criadeiro que fixeron a ledicia de nenos e maiores abraiados polo fermosos e gran porte dos exemplares. Nesta cita, que quixeron que fora especial, levaron con eles unha obra da pintora Nuria Vilanova a cal aceptou o reto de empregar como materia prima para a súa pintura ovo de Galiña de Mos. O resultado podédelo ver e durante a Feira, despertou a curiosidade do numeroso público. Fonte: http://soutodeherville09.blogaliza.org/




A próxima feira será o primeiro domingo do mes de abril.

AGADER presenta o Camiño dos sabores de Galicia na feira Turexpo

Silleda acogerá las presentaciones de dos proyectos turísticos centrados en la agroalimentación y el enoturismo, a cargo de la Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). Será en el marco del II Salón Turístico de Galicia (Turexpo), que se celebrará del 25 al 27 de marzo.La primera iniciativa, Caminos de los sabores de Galicia, la dará a conocer la técnica de Agader Mª Jesús Domínguez. Está basada en cuatro productos agroalimentarios con denominación de origen: Los quesos San Simón, Tetilla, Arzúa-Ulloa y Cebreiro; la castaña; la miel; y las aves de corral capón de Vilalba, gallo de Vila de Cruces y gallina de Mos. En torno a ellos se establecerán rutas agroalimentarias con las que se pretende crear un producto turístico innovador que acerque al visitante a los procesos productivos, cultura, gastronomía y paisaje del medio rural gallego, además de crear un espacio de cooperación entre productores y empresas que garantice la sostenibilidad de las actividades agroalimentarias y turísticas.Camino de los sabores de Galicia se enmarca en el proyecto Cantata 2, cuyo objetivo es el desarrollo integral del medio rural gallego a través de la promoción de sus productos agroalimentarios y su potencial turístico. El grupo de dirección local del proyecto está formado por Agader, Turgalicia, la Secretaría Xeral para o Turismo y la Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias.
Fonte: Xornal faro de Vigo

El Escarabajo Verde:TVE

El programa El escarabajo verde de tve emitió el pasado domingo 6 de marzo un precioso reportaje llamado El paisaje en el plato, en el que se habla de evitar la desaparición de especies ganaderas y cultivables comiéndolas. En el programa sale nuestro buen amigo Miguel Angel García, de Euskadi, afamado criador de Euskal Oiloa, Oca Vasca y de Galiña de Mos. Podeis ver el programa pinchando en el siguiente enlace:

http://www.rtve.es/television/20110302/escarabajo-verde-paisaje-plato/412778.shtml

En el programa participa también el inatigable defensor de las razas vascas y españolas Mariano Gómez, abanderado en España del movimiento Slow food, interesante iniciativa de la que os animamos a conocer más en el enlace: http://slowfood.es/

Enhorabuena a Mariano y a Miguel por su entusiasmo.

Modificación de web dun criador

O criador Carlos Durán comunícanos que por problemas de dominios en internet tivo que cambiar a súa páxina web e que agora dispón dun blog, este é o enlace: http://aviariocarlosduran.blogspot.com/

Animamos a todos os criadores que estean na web a que no lo comuniquen para facer promoción das súas páxinas.

Expo degustación en San Xiao de Mos

Celebrouse en San Xiao de Mos, Castro de Rei, Lugo, unha nova edición da xornada de exaltación da Galiña de Mos. Organizada polo concello de Castro de Rei e con gran protagonismo dos veciños da zona, xa que cinco deles criaron os máis de 200 galos que se ofreceron na degustación. Quince criadores da comarca expuxeron galos, galiñas e poliños, un acto máis de promoción da nosa querida raza.
Si queredes consultar máis información podedes observar os seguintes enlaces da prensa escrita:



Tres restaurantes da zona prepararon racións con diversas preparación co galo e tamén ovos fritos.




II Exposición e Degustación da Galiña de Mos

Na parroquia de San Xiao de Mos, no concello de Castro de Rei, Lugo, vaise celebrar o 15 de xaneiro a II Exposición e Degustación da raza. Como sabedes, San Xiao de Mos é o lugar onde a raza tomou o seu nome aló polo ano 1936. A inicitaiva dos criadores da zona está a provocar o impulso desta xornada degustativa da raza.