A Galiña de Mos estivo en Boimorto.
Con motivo da celebración en Boimorto da feira Magreco 2018, etivemos cun posto de promoción da Galiña de Mos e coa Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA. Tamén etivo a criadora María José Castro, da granxa Castro de Madrosende.
En Valdoviño naceron poliños de Galiña de Mos.

Convocadas axudas para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións.
No DOG do 16 de marzo publícase a orde pola que se convocan axudas para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións. Ollo porque por primeira vez a AVICULTURA ARTESANAL é prioritaria ao igual que ser criadores de razas autóctonas.
A axuda pode chegar ata 15.000 euros e hai de prazo ata o 16 de abril.É moi importante informarse nas oficinas agrarias comarcais.
Máis información na web de Boaga pulsando aquí.
A Galiña de Mos estivo en Ordes.

Nova incubación en Valdoviño.
No punto de atención á infancia de Valdoviño estanse a incubar ovos da nosa raza desde o 1 de marzo. Os nacementos están previstos entre os días 21 e 22 de marzo, momento no que aproveitaremos para dar unha charla divulgativa aos nen@s e aos pais e nais. Cantos sairán?
Os xornais La Voz de Galicia e Diario de Ferrol sinalaron o acontecemento.
Nacemento de polos na EEI de Vilalba.

O chef Pepe Solla ensalza o traballo co Galo de Mos.

No seguinte enlace podemos ver a entrevista que lle fixo Restauraciónnews ao famoso chef galego Pepe Solla.
Grazas a Pepe Solla por recoñecer á nosa raza e ao noso traballo.Foto: restauracionnews.com
Suscribirse a:
Entradas (Atom)