
No colexio de Meira naceron poliños de Galiña de Mos.

A Galiña de Mos estivo nas Feiras de San Isidro de Rois e Sarria.
Este fin de semana a Galiña de Mos en Rois e Sarria.

Achégase unha nova edición da Feira Semana Verde de Galicia.

--4º CAMPIONATO GALEGO DA RAZA GALIÑA DE MOS.
Este
campionato estará dividido en tres certames no que as nosas aves poderán
participar en concurso por lotes ou en concurso individual.
-6ª EXPOSICIÓN E CONCURSO POR LOTES DE GALIÑA DE MOS –
SEMANA VERDE 2016 (os lotes serán de 3 galiñas e 1 galo).
-X CONCURSO MONOGRÁFICO DA GALIÑA DE MOS.
-3º Concurso “A GALIÑA DE MOS E OS SEUS POLIÑOS”.
--No Salón da Alimentación do
Atlántico – SALIMAT (pavillón nº 1) haberá de novo un espazo adicado ás
razas autóctonas denominado “De Nós para Vós” con exposición e venda de
produtos das razas, organizado pola Federación de razas autóctonas de
Galicia-BOAGA.
--DEGUSTACIÓN de razas autóctonas a prezos populares
durante os catro días da feira no restaurante “TapiRazas”, no pavillón nº1,
onde presentaremos degustacións con carnes e ovo da nosa raza.
--MERCADO DE AVES VIVAS. Existirá un mercado de aves vivas
organizado pola Fundación Semana Verde
de Galicia.
Convocatoria Asamblea Xeral
O venres 26 de maio, ás 16:00 horas en primeira convocatoria e ás 16:30 horas en segunda convocatoria,
celebrarase no Pazo de Fontefiz a Asamblea Xeral Ordinaria de Avimós. Posteriormente celebraranse dúas asambleas extraordinarias, unha sobre una proposta de modificación de estatutos e a outra sobre elección ou renovación da Xunta Directiva, segundo a información que lle foi remitida aos asociados.
Na Festa do Champiñón estivo a Galiña de Mos.

Nun colexio de Lugo naceron poliños da nosa raza.

O día de nacemento das aves, un galo e una galiña asisitiron á súa aula, aproveitando para darlles una charla explicativa e educativa sobre a Galiña de Mos.
Achegar aos máis pequenos as bondades do noso rural e da nosa avicultura é de grande importancia para as xeracións futuras.
Remataron outras exitosas Xornadas de Galo Mos.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)