Para ver os videos pulsar aquí.
Tamén están no seguinte enlace o resto das ponencias das Xornadas Técnicas sobre razas autóctonas, organizadas pola Federación de razas autóctonas de Galicia-BOAGA: http://www.boaga.es/tv/
O programa de máis audiencia da TVG, o programa Luar do venres 19 de setembro, adicouse á galiña e como non, alí estiveron as grandes protagonistas da noite, a Galiña de Mos. Un lote de 10 galiñas e un galo e outro lote de 25 poliños dun día estiveron presentes no plató. O Director Técnico de Avimós, Diego Rois, participou no programa acompañado de "Suso" veterinario de Arzúa e colaborador da TVG en varios programas, que falou da galiña piñeira entre outros temas. Tamén estiveron os peluches da nosa raza, ovos e carteis divulgativos...
Ven de rematar unha nova edición da "Vuelta Ciclista a España" na que a Galiña de Mos tivo protagonismo grazas á invitación da Asociación de Hosteleiros da Provincia de Lugo, que tivo un stand durante todo o percorrido coa súa marca "E Para Comer Lugo". Promocionáronse produtos de calidade galegos durante as saídas das etapas, habendo degustación de Galo Mos nas cinco etapas galegas, con saída en Ortigueira, A Estrada, Salvaterra do Miño, Santo Estevo de Ribas de Sil e Santiago de Compostela.
Un dos xogos máis famosos dos existentes para teléfonos móbiles, sendo o máis xogado a través de facebook, é o chamado FarmVille2. Iste xogo permite manexar unha granxa virtual en tempo real, facendo aqueles labores que se realizan nunha granxa, como criar animais.